• OPERAR
    • Comprar
    • Vender
    • Swap
  • INVERTER
    • Packs
    • Compras Recorrentes
    • Arredondamentos
  • Earn
  • Tarxetas
  • Sobre nós
  • Blog
    • flag-catCatalà - CAT
    • flag-ukEnglish - EN
    • flag-esEspañol - ES
    • flag-eusEuskara - EU
    • flag-galGalego - GL
  • Descargar

Preguntas frecuentes

Que é Venga? Quen creou Venga? Por que che debería interesar Venga? Como usar a app? Aquí podes consultar os plans de futuro de Venga e as respostas a moitas outras preguntas.

Comeza agora

  • Venga é unha startup europea de Web3 formada por un sólido equipo de profesionais ambiciosos do sector das criptos que traballan para crear unha das principais aplicacións de criptomoedas de Europa. O obxectivo de Venga é facer que as finanzas descentralizadas (DeFi) e a Web3 sexan accesibles para todo o mundo, adaptando as novas tecnoloxías, produtos e servizos ao público xeral e informando as persoas sobre as diferenzas, as vantaxes e as características únicas de todas as innovacións deste ámbito.

    Deste xeito, Venga aborda problemas ben coñecidos do sector das criptomoedas, como a falta de formación e de coñecemento sobre as tecnoloxías blockchain, a ausencia dunha experiencia de usuario sinxela e intuitiva e, a miúdo, as limitacións tecnolóxicas que afectan á usabilidade dos produtos.

    Venga cre que o futuro das finanzas será descentralizado e ten como obxectivo impulsar a adopción das tecnoloxías blockchain e promover un mundo baseado na Web3.

  • Crear unha conta en Venga é rápido e sinxelo. Unha vez que descargues a aplicación desde a tenda de aplicacións do teu dispositivo móbil, ábrea e preme en «Comeza agora». Segundo as túas preferencias, podes crear a túa conta usando o teu enderezo de correo electrónico ou o teu número de teléfono. Só tes que seguir os pasos indicados e poderás comezar a usar Venga en cuestión de minutos.

    Preparados, listos… Venga!

  • Tes que facelo, si. Despois de crear a túa conta, terás que completar o proceso de verificación da identidade co noso socio, Sumsub, para poder acceder a todas as funcionalidades da app. Este paso é un procedemento habitual para garantir o cumprimento da normativa europea, xa que Venga dá moita importancia ao cumprimento normativo. Só che levará uns minutos e só terás que facer unha foto do teu documento de identidade e dun comprobante de domicilio. Unha vez aprobada a túa verificación de identidade, xa poderás comezar a usar Venga.

  • Venga é unha startup española do sector das criptomoedas, con sede no corazón de Barcelona. As nosas raíces europeas son parte esencial do que somos e marcan o noso firme compromiso co continente. Así, ofrecemos os nosos servizos en toda a Unión Europea.

Como usar a app de Venga

  • Hoxe, Venga é unha app de criptomoedas regulada cunha carteira dixital que che permite comprar, vender, intercambiar, enviar e obter rendemento das túas criptomoedas de forma sinxela.

  • Se xa tes criptomoedas nunha plataforma de intercambio ou carteira externa, podes transferilas á túa conta de Venga sempre que estean admitidas na app.

    Para facelo, atoparás varios botóns para realizar depósitos en diferentes seccións da app. Despois de premer, selecciona a moeda que queres depositar e asegúrate de escoller a mesma rede que utilizarás para transferir os activos á túa carteira de Venga. Isto é especialmente importante, xa que utilizar unha rede incorrecta pode provocar a perda permanente dos fondos que transfiras. Copia e pega o enderezo da túa carteira de Venga no lugar desde o que vas enviar os fondos ou escanea o código QR da túa carteira de Venga para pegar automaticamente o enderezo. Envía os fondos e estes chegarán á túa carteira de Venga unha vez que a transacción sexa confirmada pola rede blockchain.

  • Comprar, vender ou intercambiar criptomoedas en Venga é sinxelo. Selecciona no teu panel o que queres facer e accederás directamente ao proceso correspondente.
    Comprar: escolle o activo que queres comprar, o importe e o método de pagamento. Sigue os pasos e, unha vez que completes a compra, os fondos estarán na túa conta de Venga en canto se complete a túa orde.
    Vender: para vender as túas criptomoedas, o proceso é practicamente idéntico ao da compra. Selecciona a criptomoeda e o importe que queres vender, así como onde queres recibir os fondos. Segue os pasos, confirma a operación e, unha vez completada a transacción, recibirás os fondos de inmediato.
    Swap: se queres intercambiar as túas criptomoedas por outras, selecciona o activo, o importe que queres recibir e a criptomoeda coa que queres pagar. Despois, só tes que comprobar os detalles, confirmar e o intercambio completarase en poucos segundos.
  • Actualmente, a aplicación admite as redes de Bitcoin, Ethereum e Tron, ás que se engadirán outras no futuro, e inclúe, polo de agora, a seguinte lista de activos dixitais: Bitcoin (BTC), Ethereum (ETH) e Tron (TRX).

  • Se precisas axuda, podes poñerte en contacto co noso equipo de atención ao cliente.

Como pechar a túa conta de Venga

  • Pechar unha conta de Venga consta de dúas fases: a desactivación da conta e o peche da conta.

    Desactivación da conta: despois de pechar unha conta de Venga, esta, así como todas as contas de depósito asociadas, permanecerá desactivada durante un período de 30 días. Non obstante, durante este período aínda poderás recuperar o acceso á conta.
    Peche de conta: despois de permanecer desactivada durante máis de 30 días, a conta pecharase de forma permanente. Xa non poderás restaurar a conta nin acceder ás carteiras conectadas, ao historial de transaccións nin aos datos.
  • Tes que facelo, si. Antes de pechar unha conta, terás que transferir todos os fondos restantes.

  • Despois de transferir todos os fondos restantes fóra da conta que queres pechar, podes iniciar o proceso de peche da conta premendo en «Pechar conta» na páxina de configuración. Para confirmar a decisión, terás que introducir o contrasinal da túa conta. Despois, volverás á pantalla de inicio de sesión.

Documentación

Documentación

Banco de España

Venga (Saptain Europe SL) está rexistrada no Banco de España co número D945 como provedora de servizos de activos virtuais e entidade custodia. Consulta a lista completa de empresas no rexistro oficial do Banco de España.

Ver o rexistro

Condicións de uso de Venga

Consulta as Condicións de uso de Venga. Se o equipo de asuntos legais e cumprimento normativo de Venga realiza algún cambio nestas condicións, Venga informará por correo electrónico a todas as persoas usuarias que teñan unha conta.

Ler as Condicións de uso

Política de privacidade de Venga

Consulta a Política de privacidade de Venga. Se o equipo de asuntos legais e cumprimento normativo de Venga realiza algún cambio nestas condicións, Venga informará por correo electrónico a todas as persoas usuarias que teñan unha conta.

Ler a Política de privacidade

Documentación

Banco de España

Venga (Saptain Europe SL) está rexistrada no Banco de España co número D945 como provedora de servizos de activos virtuais e entidade custodia. Consulta a lista completa de empresas no rexistro oficial do Banco de España.

Ver o rexistro

Condicións de uso de Venga

Consulta as Condicións de uso de Venga. Se o equipo de asuntos legais e cumprimento normativo de Venga realiza algún cambio nestas condicións, Venga informará por correo electrónico a todas as persoas usuarias que teñan unha conta.

Ler as Condicións de uso

Política de privacidade de Venga

Consulta a Política de privacidade de Venga. Se o equipo de asuntos legais e cumprimento normativo de Venga realiza algún cambio nestas condicións, Venga informará por correo electrónico a todas as persoas usuarias que teñan unha conta.

Ler a Política de privacidade
Descargar
Descargar

Recibe o boletín informativo de Venga

Xeral
  • Sobre nós
  • Traballa con nós
  • Eventos
  • Glosario
  • Blog
Produtos
  • Comprar
  • Vender
  • Swap
  • Packs
  • Compras Recorrentes
  • Arredondamentos
  • Earn
  • Tarxetas
Avisos legais
  • Centro de información legal
  • Condicións de servizo
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Política da canle de denuncias
  • Canle de denuncias
  • ESG e Whitepapers
  • Uso indebido da rede
  • Travel Rule
Axuda
  • Centro de axuda
  • Preguntas frecuentes

Únete á nosa comunidade

Recibe o boletín informativo de Venga

Venga Europe S.L. (provedora da app Venga) está rexistrada como provedora de servizos de activos virtuais e entidade custodia no Banco de España co número D945