• OPERAR
    • Comprar
    • Vender
    • Swap
  • INVERTER
    • Packs
    • Compras Recorrentes
    • Arredondamentos
  • Earn
  • Tarxetas
  • Sobre nós
  • Blog
    • flag-catCatalà - CAT
    • flag-ukEnglish - EN
    • flag-esEspañol - ES
    • flag-eusEuskara - EU
    • flag-galGalego - GL
  • Descargar

Dálle impulso aos teus plans aproveitando os beneficios

VENDE CRIPTO EN CALQUERA MOMENTO

Vende as túas criptomoedas e recibe o importe en euros directamente na túa conta bancaria.

Investir ofrece posibilidades tanto para quen busca oportunidades a curto prazo como para quen pensa no futuro e crea unha carteira a longo prazo. Ter a liberdade de converter os teus investimentos en diñeiro cando queiras tamén marca a diferenza.

Uso intuitivo

Escolle os criptoactivos que queres vender e completa a operación de forma sinxela e áxil coa interface de Venga.

Recibe o importe en euros na túa conta bancaria e goza dos beneficios.

Seguridade

Vende as túas criptomoedas nunha plataforma regulada e segura. Os teus fondos non sairán da túa carteira de Venga sen varias confirmacións.

Desfruta da tranquilidade e recibe o teu diñeiro.

Comisións baixas

O noso equipo traballa para ofrecerche as mellores solucións do mundo cripto, con algunhas das comisións máis baixas do mercado.

Non deberías renunciar aos teus beneficios!

POR QUE VENDER CRIPTO CON VENGA?

Goza da sinxeleza, das baixas comisións e da seguridade de Venga para vender criptoactivos.

Goza dos resultados do teu investimento cripto cando o decidas

Vender cripto con Venga

1Comeza

phone

Desde o teu panel principal ou desde a carteira da moeda que queiras vender, toca no botón «Vender» para comezar.

2Selecciona

phone

Escolle o importe que queres vender, selecciona onde recibir os fondos e confirma a operación.

3Recibe

phone

Vendiches os teus criptoactivos! Recibirás os fondos na conta bancaria que seleccionaches en pouco tempo.

Explora os criptoactivos dispoñibles

Actualmente, a app de Venga permíteche vender algunhas das principais criptomoedas, entre elas Bitcoin (BTC), Ethereum (ETH), Chainlink (LINK) e outras.

Continuamos incorporando novos activos para ofrecerche máis opcións de investimento!

Prepárate, vende… Venga!

Preguntas frecuentes

Velaquí tes máis información para resolver algunhas das dúbidas máis frecuentes sobre a venta de cripto e como sacarlle partido con Venga.

  • Saber cando vender os teus criptoactivos tamén forma parte dunha boa estratexia de investimento. Se o prezo subiu, vender pode axudarche a asegurar beneficios, redistribuír os teus fondos noutros investimentos ou cubrir gastos. Os prezos das criptomoedas poden variar rapidamente, e vender no momento adecuado pode axudarche a controlar o risco e aproveitar boas oportunidade.

    En todo caso, ten en conta que as ganancias non se fan efectivas ata que vendes o teu activo, aínda que tamén podes seguir operando con el para buscar novas oportunidades.

  • Polo momento, a app é compatible coas redes Bitcoin, Ethereum e Tron, e co tempo engadiremos máis. Estes son os activos dixitais que podes vender na app: Bitcoin (BTC), Ethereum (ETH), Tron (TRX), Chainlink (LINK), The Graph (GRT), Uniswap (UNI), The Sandbox (SAND) e Decentraland (MANA).

    Cada vez incorporaremos máis moedas e tokens á app!

  • Vender criptomoedas con Venga é moi sinxelo. Se queres retirar a túa cripto ou simplemente xestionar os teus activos, Venga ofréceche unha experiencia rápida e sen complicacións, cunha interface intuitiva e comisións reducidas. Queremos que vender cripto sexa tan fácil como debería ser. E este é só o noso primeiro paso.

    Venga vai máis alá da compra de cripto: creamos unha experiencia completa para que descubras novas tecnoloxías blockchain e xestiones os teus activos dun xeito sinxelo. Prepárate, programa… Venga!

  • A aplicación de Venga pode utilizarse na Unión Europea para vender criptomoedas.
Descargar
Descargar

Recibe o boletín informativo de Venga

Xeral
  • Sobre nós
  • Traballa con nós
  • Eventos
  • Glosario
  • Blog
Produtos
  • Comprar
  • Vender
  • Swap
  • Packs
  • Compras Recorrentes
  • Arredondamentos
  • Earn
  • Tarxetas
Avisos legais
  • Centro de información legal
  • Condicións de servizo
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Política da canle de denuncias
  • Canle de denuncias
  • ESG e Whitepapers
  • Uso indebido da rede
  • Travel Rule
Axuda
  • Centro de axuda
  • Preguntas frecuentes

Únete á nosa comunidade

Recibe o boletín informativo de Venga

Venga Europe S.L. (provedora da app Venga) está rexistrada como provedora de servizos de activos virtuais e entidade custodia no Banco de España co número D945