Proximamente
Autoinviste en cripto
Investir pode dar medo...
Ás veces investir pode resultar difícil, estresante ou complicado. Isto faise aínda máis complicado en cripto, onde o mercado está sempre en funcionamento.
Ás veces investir pode resultar difícil, estresante ou complicado. Isto faise aínda máis complicado en cripto, onde o mercado está sempre en funcionamento.
Os prezos poden subir ou baixar de maneira notable e en pouco tempo.
Mesmo os investidores con experiencia poden ter dificultades para decidir cando é o mellor momento para comprar ou vender.
As emocións poden afectar considerablemente ao resultados.
O medo a perder unha oportunidade e as reaccións de pánico poden dificultar tomar boas decisións, e facer que se perdan oportunidades ou se cometan erros.
Non todo o mundo pode investir miles de euros de golpe.
Non sempre é doado percibir o valor de investir pequenas cantidades, e esa dúbida pode impedirnos dar o primeiro paso.
Por sorte, as compras recorrentes chegan para facelo máis sinxelo! Así funciona.
Por sorte, as compras recorrentes chegan para facelo máis sinxelo! Así funciona.
A solución máis sinxela: compras recorrentes
As compras recorrentes permiten programar unha estratexia de Dollar Cost Averaging (DCA), unha das estratexias de investimento máis utilizadas tanto nas finanzas tradicionais como no mundo cripto, especialmente para obxectivos a longo prazo. «Pero que é DCA?» preguntaraste.
Consiste basicamente en investir un importe determinado nun activo concreto cunha frecuencia definida.Por exemplo, comprar 50 € en Bitcoin cada semana.Isto é precisamente o que podes facer coas compras recorrentes. Configuras o teu DCA e deixas que se execute automaticamente.
Poñamos un exemplo
Velaquí tes un exemplo sinxelo de programación de compras recorrentes que calquera pode seguir:


QUE SIGNIFICA ISTO?
Investindo 100 € ao mes en BTC desde maio de 2020 ata 2026 mediante compras recorrentes, o investimento total de 7400 € tería un valor de 17 877,13 €.
Inviste de forma intelixente e constante.
Que outras vantaxes teñen as compras recorrentes?
Déixaa programada e despreocúpate
Falemos claro: é moi cómodo programar a túa estratexia unha vez e deixar que se execute de forma automática.
Xa non tes que ocuparte de cada operación manualmente.
Paliar a volatilidade
Se che preocupa a volatilidade do mercado, configurar unha estratexia DCA pode axudarche a xestionala.
Ao investir regularmente, repartes o impacto das variacións de prezo ao longo do tempo.
Deixa as emocións á marxe
Coas compras recorrentes, evitas que as emocións inflúan nas túas decisións.
É mellor manter unha estratexia ben pensada que reaccionar por pánico.
En definitiva, as compras recorrentes simplifican o investimento en cripto, reducen o estrés e axúdanche a seguir unha estratexia máis definida.








