• OPERAR
    • Comprar
    • Vender
    • Swap
  • INVERTER
    • Packs
    • Compras Recorrentes
    • Arredondamentos
  • Earn
  • Tarxetas
  • Sobre nós
  • Blog
    • flag-catCatalà - CAT
    • flag-ukEnglish - EN
    • flag-esEspañol - ES
    • flag-eusEuskara - EU
    • flag-galGalego - GL
  • Descargar

PROXIMAMENTE

Converte as voltas que che sobran en criptomoedas arredondando as túas compras

100 % AUTOMATIZADOPODES CANCELALO EN CALQUERA MOMENTO
100 % AUTOMATIZADOPODES CANCELALO EN CALQUERA MOMENTO

Arredonda os teus gastos diarios e utiliza automaticamente a diferenza para comprar Bitcoin ou calquera outro criptoactivo que elixas. Inviste en cripto sen esforzo, facendo a túa vida de sempre e pagando as túas compras cotiás como de costume.

 

€25
COMPRASCAFÉXIMNASIOSUBSCRICIÓNSNOITE DE FESTA

Que é o arredondamento de cripto?

Poñamos que mercas un café antes de ir traballar e pagas 2,60 € por el. Ese gasto redondéase a 3 € e os 0,40 € que sobran invístense automaticamente en criptomoedas. Voilà.

Así, a compra do supermercado, as entradas do cine, a cota do ximnasio, as subscricións ás plataformas de streaming e mesmo ese último pequeno capricho do que non queres falar: cada gasto contribúe a facer medrar a túa carteira de criptomoedas, pouco a pouco, sen cambiar a túa maneira de vivir nin de gastar.

Como funciona

Escolle un activo e un multiplicador

Escolle un activo e un multiplicador

Escolle a cripto na que queres investir e canto queres multiplicar cada arredondamento.

Conecta a túa conta bancaria

Conecta a túa conta bancaria

Vincula a túa conta bancaria de forma segura, con acceso só de lectura, e escolle a tarxeta coa que queres pagar.

Gasta como sempre

Gasta como sempre

Confirma e segue usando a túa tarxeta como sempre para os teus gastos diarios. O demais faise automaticamente!

Escolle un activo e un multiplicador

Escolle un activo e un multiplicador

Escolle a cripto na que queres investir e canto queres multiplicar cada arredondamento.

Conecta a túa conta bancaria

Conecta a túa conta bancaria

Vincula a túa conta bancaria de forma segura, con acceso só de lectura, e escolle a tarxeta coa que queres pagar.

Gasta como sempre

Gasta como sempre

Confirma e segue usando a túa tarxeta como sempre para os teus gastos diarios. O demais faise automaticamente!

Slide 1 of 3

Aumenta os teus arredondamentos cos multiplicadores

Queres investir máis rápido? É moi doado, só tes que escoller o multiplicador ×2, ×5 ou ×10 e cada arredondamento aumentarase en consecuencia antes de investirse.

As túas comprasTotalVoltasMultiplicador ×1
Café2,47€0,53€0,53€
Ximnasio28,54€0,46€0,46€
Cea34,50€0,50€0,50€
Billetes de tren67,89€0,11€0,11€
Supermercado64,24€0,76€0,76€
Copas29,50€0,50€0,50€
Total2,86€2,86€

Investirás 2,86 € en cripto!

Investirás 2,86 € en cripto!

Escolle un multiplicador

Ti sempre tes o control e podes axustar libremente o multiplicador dos Arredondamentos para aumentar ou reducir o teu investimento cando queiras.

Como vai medrando co tempo?

Velaquí tes un exemplo do que poderías investir nun ano cos Arredondamentos. Escolle un multiplicador para ver a diferenza que supón.

€ 2.400€ 1.200€ 480€ 240€ 0
1M2M3M4M5M6M7M8M9M10M11M12M
€ 2.400€ 1.200€ 480€ 240€ 0
1M2M3M4M5M6M7M8M9M10M11M12M

A información que se ofrece aquí ten unicamente fins educativos. Os teus investimentos mensuais variarán en función dos teus gastos diarios coa conta bancaria utilizada para facer os cálculos.

Investimento co Arredondamento
nun ano

€240

Tendo en conta as variacións do prezo de Bitcoin

Escolle un multiplicador

Token:

Bitcoin

Período

1 ano

Importe

20€

Frecuencia

Mensual

Baseado nunha media de 40 operacións bancarias ao mes e nun arredondamento medio de 0,50 €.

POR QUE FUNCIONA

Os Arredondamentos son a forma máis fácil de investir en cripto

Completamente automatizado

Só tes que configuralo unha vez e funcionará automaticamente por ti, sen que teñas que facer nada máis.

DCA natural

Distribúe o teu investimento no tempo e aposta pola visión a longo prazo sen complicacións.

Comezo gradual

Non necesitas centos de euros para comezar. Invistes as voltas das túas compras, pouco a pouco.

Control total

Axusta o multiplicador e activa ou desactiva a automatización dos Arredondamentos cando queiras.

Queres investir co que gastas cada día?

Únete ás miles de persoas que usan as voltas das súas compras para facer medrar o seu investimento de forma constante ao longo do tempo, sen sequera notalo.

 

OUTRAS FORMAS DE INVESTIR EN CRIPTO PERIODICAMENTE

Temos máis opcións para que invistas a longo prazo en criptomoedas. Bótalles unha ollada!

Compras recorrentes

Inviste en cripto cada semana ou cada mes usando as compras recorrentes.

Packs

Inviste en varias criptos dunha soa vez cos packs

Preguntas frecuentes

Todo o que necesitas saber sobre as voltas e como aproveitalas ao máximo con Venga.

  • Os Arredondamentos de cripto poden facilitar o investimento regular de pequenas cantidades sen ter que realizar cada operación manualmente. Como os investimentos están vinculados aos teus gastos diarios, podes ir aumentando gradualmente a túa carteira de criptomoedas co paso do tempo. É unha boa forma de investir pouco a pouco cunha estratexia a longo prazo.
    Iso si, o prezo das criptomoedas pode seguir subindo e baixando, e investir cos arredondamentos non garante obter beneficios. Aínda así, é unha das formas máis sinxelas de investir pequenas cantidades de maneira constante.
  • Os Arredondamentos, tamén coñecidos como Investimento de voltas, son unha forma sinxela de converter as voltas das túas compras diarias en cripto. Cando fas unha compra, Venga arredonda o importe ata o euro seguinte e destina a diferenza ao criptoactivo que escollas.
    Por exemplo, se gastas 4,40 € nunha compra, o importe redondéase ata 5,00 €. Os 0,60 € de diferenza destínanse ao teu investimento en criptomoedas.
    As pequenas cantidades vanse acumulando co tempo, sen que teñas que facer nada en cada investimento.
  • Os Arredondamentos de cripto recollen automaticamente as voltas das túas compras que cumpran os requisitos e destínaas ao teu investimento en criptomoedas.
    Unha vez que actives esta función, as túas compras arredóndanse ao euro seguinte. A diferenza vaise acumulando ao longo do mes e o importe total invístese na criptomoeda que escollas, segundo o multiplicador que teñas seleccionado.
    Así, podes aproveitar ao máximo as túas voltas e facer que contribúan ao crecemento da túa carteira de cripto.
  • Non exactamente. En certo modo, os Arredondamentos permítenche configurar unha variante do DCA, pero cun importe variable que depende dos teus gastos. Son similares porque ambos poden axudarche a investir regularmente ao longo do tempo, pero funcionan de maneira diferente.
    O Dollar-Cost Averaging (DCA) tradicional é a estratexia que empregas ao configurar unha compra recorrente. Basicamente, invistes un importe predeterminado a intervalos regulares (por exemplo, 50 € ao mes).
    Cos Arredondamentos, o importe depende do que gastes, polo que o investimento pode variar en cada ocasión. Porén, ambos son bastante similares, xa que poden axudarche a investir regularmente ao longo do tempo. Simplemente, funcionan de maneira diferente.
  • Configurar os Arredondamentos en criptomoedas é moi sinxelo:
    1. Abre a app de Venga e, desde o panel de control ou desde unha páxina de criptomoeda, preme en Arredondamentos.
    2. Escolle a criptomoeda na que queres investir.
    3. Selecciona a fonte de pagamento.
    4. Escolle o multiplicador.

    Confirma e segue coa túa vida como sempre (iso si, non esquezas facer as compras coa tarxeta seleccionada). Unha vez activados, o resto faise automaticamente. As túas compras que cumpran os requisitos empezarán a xerar voltas para os teus investimentos en criptomoedas.
  • Pódese, claro. Ti sempre tes o control. Podes pausar, retomar ou deter o teu plan de investimento con Arredondamentos cando o necesites, ou mesmo cambiar o multiplicador en calquera momento.
  • A vinculación permítenos consultar o importe das túas transaccións diarias e calcular automaticamente os arredondamentos. A túa tarxeta de débito ou crédito úsase exclusivamente para cobrar o importe total acumulado dos arredondamentos nun único pagamento ao final de cada mes natural.
  • O último día de cada mes natural, ás 00:00 (UTC), o importe total das túas voltas acumuladas durante o mes invístese no criptoactivo que escollas. Recibirás unha notificación de resumo 48 horas antes, na que se indicará o importe exacto dos teus arredondamentos antes de que se efectúe ningún cargo.
  • Podes usar as túas voltas para investir en calquera das criptomoedas dispoñibles e que cumpran os requisitos en Venga, incluídas Bitcoin (BTC), Ethereum (ETH), Solana (SOL) e moitas máis. Os activos dispoñibles poden cambiar co tempo, así que consulta a app de Venga para ver as opcións máis recentes.
  • O teu investimento con Arredondamentos depende do que gastes e do multiplicador que escollas.
    Co multiplicador estándar de ×1, cada compra que cumpra os requisitos achega a diferenza entre o prezo da compra e o euro seguinte. Por exemplo, unha compra de 4,30 € xera un Arredondamento de 0,70 €. Se o multiplicador está configurado en ×2, eses 0,70 € de voltas convértense en 1,40 €.
    Así que, canto máis gastes e canto maior sexa o multiplicador, máis investirás con arredondamentos.
  • Por suposto que podes. Unha vez que as túas voltas se convertan en criptomoedas, pasan a formar parte dos activos da túa carteira e podes xestionalas como o resto dos teus activos en Venga. Podes retiralas cando o necesites, facer swap por outra cripto ou mesmo poñelas en Earn, se está dispoñible.
Descargar
Descargar

Recibe o boletín informativo de Venga

Xeral
  • Sobre nós
  • Traballa con nós
  • Eventos
  • Glosario
  • Blog
Produtos
  • Comprar
  • Vender
  • Swap
  • Packs
  • Compras Recorrentes
  • Arredondamentos
  • Earn
  • Tarxetas
Avisos legais
  • Centro de información legal
  • Condicións de servizo
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Política da canle de denuncias
  • Canle de denuncias
  • ESG e Whitepapers
  • Uso indebido da rede
  • Travel Rule
Axuda
  • Centro de axuda
  • Preguntas frecuentes

Únete á nosa comunidade

Recibe o boletín informativo de Venga

Venga Europe S.L. (provedora da app Venga) está rexistrada como provedora de servizos de activos virtuais e entidade custodia no Banco de España co número D945